Muimenta vivirá catro días de festas na honra a San Cristovo e Santa Mariña

TerraChaXa
O xoves 3 de xullo arrincarán as celebracións cun gran concurso de tortillas a partir das 21:00 horas
programa-festas-muimenta
2 Jul 2025

A parroquia de Muimenta, no concello de Cospeito, celebrará por todo o alto as festas patronais de San Cristovo e Santa Mariña entre os días 3 e 6 de xullo de 2025, cun completo programa de actividades para todas as idades e gustos.

O xoves 3 de xullo arrincarán as celebracións cun gran concurso de tortillas a partir das 21:00 horas, seguido de música en directo co dúo Estrellas e a discoteca móbil Eventec, con Cosme DJ aos mandos.

O venres 4 a festa continuará pola noite a partir das 23:00 horas cunha gran verbena a cargo dos grupos Punto Clave e Cinema, que ofrecerán unha actuación conxunta cargada de ritmo e enerxía.

O sábado 5 será un dos días grandes, con misa ás 13:30 horas, procesión e sesión vermú animada polo grupo Stereo. Pola noite, a verbena estará protagonizada por Stereo e a Charleston Big Band, dentro do seu Tour 2025 - 40 anos cerca de ti, garantindo unha noite de festa para todos os públicos.

O domingo 6 pecharanse as festas cunha nova misa ás 13:30 horas, procesión e a tradicional bendición de vehículos, seguida dunha nova sesión vermú e verbena co grupo Fénix, que porá o broche final ás celebracións.

As festas de Muimenta contan coa colaboración do Concello de Cospeito e o patrocinio de numerosos negocios da zona, e están organizadas por Espectáculos Miño. Unha cita imprescindible no calendario festivo da comarca da Terra Chá.

⚙ Configurar cookies
0.16827607154846