Mulleres de Insua organiza unha excursión á comarca do Bierzo este sábado

TerraChaXa
A actividade, que ten un prezo de 40 euros por persoa, inclúe un itinerario completo con visitas culturais, gastronómicas e tradicionais
excursion-mulleres-insua-bierzo
10 Dec 2024

A Asociación de Mulleres Rurais de San Bartolomeu da Insua organiza unha excursión ao Val de San Lorenzo e á comarca do Bierzo, programada para o próximo 14 de decembro. A actividade, que ten un prezo de 40 euros por persoa, inclúe un itinerario completo con visitas culturais, gastronómicas e tradicionais.

A xornada comezará ás 8:00 horas coa saída desde o Campo da Festa da Insua, facendo recollidas no traxecto. As actividades previstas son unha visita á tenda de artesanía téxtil tradicional de Santiago Geijo, percorrido polo Museo Téxtil do Val de San Lorenzo (CIT La Comunal e Batán Museo), xantar típico maragato (cocido maragato), visita ao Museo Agrícola El Varal e parada nas pallozas de Balboa para coñecer este emblemático exemplo da arquitectura tradicional da zona.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do teléfono 696 618 454.

0.16601896286011