Mulleres Empresarias inicia un curso de trámites online en concellos da Terra Chá e Foz
TerraChaXa | AMariñaXa
A Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo inicia este mércores o seu programa de Aulas Abertas con distintas actividades formativas ao longo da provincia.
20 sep 2023
A Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo inicia este mércores o seu programa de Aulas Abertas con distintas actividades formativas ao longo da provincia.
Así, estes días estarán coa formación Trámites Online en varias localidades da Terra Chá e tamén en Foz. Hoxe mércores arrancan en Xermade cun curso na Asociación de Veciños Barrio do Campo. Seguirán mañá coas Amas de Casa de Bretoña, en Pastoriza.
En Foz terán o seu curso o 28, xoves, ante a Asociación Cultural e Deportiva O Castro Vilaronte, para rematar o día 4, mércores, coa Asociación Castiñeiro Milenario de begonte.
Todos os cursos comezan ás 16.00 horas.