Mulleres Rurais da Pastoriza organiza unha viaxe a Lalín

A Asociación de Mulleres Rurais da Pastoriza organiza unha viaxe cultural a Lalín o vindeiro sábado 15 de novembro, coa colaboración do Concello da Pastoriza. A saída está prevista ás 9:30 horas diante do Concello e o regreso arredor das 20:30 horas.
O programa da xornada inclúe, ás 11:30 horas, unha visita ao Museo Etnográfico de Galicia e á exposición arqueolóxica do Castro de Doade, onde tamén se visitará unha recreación dunha casa castrexa. Ás 14:00 horas terá lugar o xantar no restaurante Casa Patrón, onde se servirá un cocido completo. Xa pola tarde, ás 17:00 horas, os participantes visitarán o Pazo de Liñares, que alberga o Museo do Xoguete e o Museo Galego da Marioneta.
O prezo da actividade é de 35 euros para socias e menores de 12 anos, e de 45 euros para non socias. O importe inclúe a viaxe en autobús, o xantar e as entradas aos museos. As prazas son limitadas a 30 persoas, e é necesario anotarse e facer o pago antes do 31 de outubro.
As inscricións poden realizarse a través dos teléfonos 630 321 655 e 659 032 194.
