Mulleres Rurais de Cospeito organiza unha excursión á Bañeza e Astorga

TerraChaXa
Mulleres Rurais Cousas Nosas de Cospeito recupera a súa actividade trala pandemia programando unha excursión á Bañeza e Astorga.
astorga catedral
17 Maio 2022

A asociación de Mulleres Rurais Cousas Nosas de Cospeito recupera a súa actividade trala pandemia programando unha excursión á Bañeza e Astorga, que terá lugar o sábado 21 de maio.

A visita iniciarase ás 8.00 horas diante do Concello para visitar durante a mañá o mercacdo semanal da Bañeza. Trala comida, que terá lugar no Museo do Barro da mesma localidade, visitarase Astorga coa posibilidade de visitar o museo do chocolate para quen lle interese.

Sairase de Astorga cara a Cospeito ás 20.00 horas.

As persoas interesadas en participar deberán facelo como data límite o mércores 18 con algún representante da asociación. O prezo é de 35 euros para os socios de de 40 para os non socios.

0.092700004577637