Mulleres Rurais de Insua organizan unha viaxe a Lalín

TerraChaXa
A saída está prevista ás nove da mañá e a primeira actividade será a visita guiada ao museo etnográfico
casa-do-patron-lalin
4 Oct 2025

A Asociación de Mulleres Rurais de San Bartolomeu organiza o vindeiro 11 de outubro de 2025 unha excursión ao Museo Etnográfico Casa do Patrón, en Lalín. A saída está prevista ás nove da mañá e a primeira actividade será a visita guiada a este museo etnográfico, considerado un dos máis representativos da tradición galega.

Ao mediodía os participantes poderán desfrutar dun cocido completo típico de Lalín, unha das propostas gastronómicas máis recoñecidas da comarca. Xa pola tarde, a partir das catro, terá lugar unha recreación do proceso do liño acompañada dunha exposición e dunha foliada nas instalacións do museo, que servirá como broche cultural e festivo da xornada. O regreso realizarase a última hora da tarde.

O prezo da actividade é de 50 euros e as inscricións poden formalizarse a través do teléfono 696 618 454, preguntando por Loures.

⚙ Configurar cookies
0.1214587688446