Mulleres rurais de Momán convoca clases de danju, pilates e un obradoiro de manualidades
TerraChaXa
Presentou o programa que se desenvolverá durante o inverno
1 Out 2024
A asociación de mulleres rurais Saudade de Momán inicia este martes, día 1 de outubro, as actividades de inverno.
Dentro do programa previsto contará con clases de danju, que se desenvolverán os martes e xoves de 11.00 a 12.00 horas. Tamén haberá pilates os mércores co mesmo horario e comezando esta mesma semana.
Ademais, están previstos obradoiros de manualidades, que serán dous sábados ao mes, en horario de 16.00 a 18.00 horas e que tamén arrancarán este mes.
As persoas interesadas en participar deberán poñerse en contacto con Rocío no 653 635 801.