Mulleres Rurais de Pastoriza organiza unha cea de cocido o 28

TerraChaXa
O prazo máximo para anotarse é o domingo 22 de marzo
cea-cocido-mulleres-rurais-pastoriza
19 Mar 2026

Dentro de seu programa anual de actividades, a asociación de Mulleres Rurais de Pastoriza celebrará o sábado 28 de marzo a súa cea do cocido 2026.

As socias e non socias están citadas ás 22.00 horas na Parrillada Bañal de Muimenta, onde poderán gozar de todas as variedades do cocido de Entroido.

O prezo do xantar é igual para socios como os non socios e ascende a 35 euros.

O prazo máximo para anotarse é o domingo 22 de marzo. As inscricións poden facerse con Sonia (630 321 655) e Sandra (659 032 194).

0.11976313591003