Mulleres Rurais de Pol celebrará unha serie de cursos durante o inverno

Pol
TerraChaXa
A Asociación de Mulleres Rurais Olvido de Pol celebrará durante o inverno unha serie de cursos que darán comezo, na súa maioría, no mes de novembro e que están abertos a toda a poboación.
30 Oct 2018

A Asociación de Mulleres Rurais Olvido de Pol celebrará durante o inverno unha serie de cursos que darán comezo, na súa maioría, no mes de novembro e que están abertos a toda a poboación.

Así, xa está en marcha un de pilates, que ten lugar os xoves de 17:00 a 18:00 horas e no que aínda hai prazas libres. Ademais, nesta especialidades abrirán outro grupo os martes de 21:45 a 22:45 que dará comezo o 6 de novembro.

Así mesmo hai prazas libres aínda nos cursos de natación, que teñen lugar os lunes de 21:30 a 22:30 e os mércores unha hora antes.

Por outra banda, o 7 de novembro dará comezo un curso de ioga todos os mércores de 17:00 a 18:00  horas. Ao día seguinte empzará outro de encaixe de bolillos, que terá lugar todos os xoves de 18:00 a 20:00 horas.

Finalmente haberá cursos de informática e estética pero as datas de celebración aínda están pendentes.

Os que desexen inscribirse poden facelo nos teléfonos 666 230 570 (Mercedes) e 616 129 825 (Rosa).

 

0.17718601226807