Multan ao Técor de Xermade por danos do xabaril en terreos dun gandeiro

TerraChaXa
A Sociedade de Cazadores de Xermade deberá abonar un total de 10.171 euros ao propietario dunha explotación bovina polos danos do xabaril.
12 Feb 2021

A Sociedade de Cazadores de Xermade deberá abonar un total de 10.171 euros ao propietario dunha explotación bovina polos danos que provocaron nalgunhas das súas parcelas varios xabarís. Así o decidiu o xulgado de instrución número 1 de Vilalba que tamén lle obriga a pagar os intereses moratorios.

Sentenzas como estas están a poñer en perigo a superviviencia das sociedades de cazadores segundo indica a Asociación Agraria de Galicia, xa que as multas son inasumibles polos técores. A de Xermade á a segunda que se senteza similar este mes, a outra foi ao tecor de Dozón, condenado a pagar 6.165 euros, máis intereses, a un gandeiro por danos en varias plantacións de forraxe.

Os técores recurrirán as sentenzas xa que non son asumibles.

0.19685101509094