Muras acolle a presentación dun libro de Charlie Ruiz Aryamán
A Casa do Médico de Muras acollerá a presentación do libro La abuela de Adrián. Cuentos del Bosque Mágico, obra de Charlie Ruiz Aryamán.
Esta actividade cultural terá lugar este vernes, 22 de outubro, a partir das 20.30 horas.
A novela está dirixida ao público máis mozo e narra parte dunha historia que mestura mitoloxía vasca, que apela ao noso neno interior e interpela a tódalas xeracións.
Nado en Ibahernando (Cáceres), Charlie estivo sempre vencellado ás artes escénicas adaptando, por exemplo, obras de Lorca e de Benavente para mulleres maiores veciñas do rural.
Neste libro creou unha fermosa historia protagonizada por Adrián, un novel escritor que lembra á súa avoa que vivía no norte. Bótaa de menos por todo o que aprendía a través dos seus contos, uns inventados e outros adaptados, nos que mesturaba antigas lendas con historias reais medievais do reino de Pamplona. A través deles, a avoa ía dando consellos e sentido ás vivencias de Adrián facéndolle recapacitar e madurar.