Muras acolle este martes unha charla sobre o primeiro parque eólico comunitario de Galicia

TerraChaXa
A reunión será na no local coñecido como Casa do Médico, ás 15:30
Imaxe recurso de eólicos
20 Jan 2026

Este martes, 21 de xaneiro, 3 membros do grupo de promotores da iniciativa do primeiro parque eólico comunitario en Galicia estarán en Muras para presentar o proxecto a todas as Comunidades de Montes dese territorio.

A reunión será na no local coñecido como Casa do Médico, preto da casa consistorial de Muras, ás 15:30. É un acto aberto a todas as entidades de Muras e da Terra Chá. Tamén poden participar pequenas e medianas empresas, así como a cidadanía en xeral.

Participarán tres promotores, Julio Costas, catedrático de Dereito Mercantil na UVigo; Cristina Sánchez, enxeñeira industrial, e Xavier Simón, catedrático de Economía Aplicada.

"Con esta primeira reunión abrimos un proceso participativo que se estendera por toda Galicia para presentar o noso proxecto de parque eólico comunitario. Cremos nas enerxías renovábeis, e acreditamos na fortaleza enerxética da eólica como unha fonte a explotar. Pero apostamos por un modelo comunitario, controlado pola cidadanía e polas entidades locais. Isto é Enerxía Comunitaria S.L", explican desde este grupo.

 

⚙ Configurar cookies
0.078175067901611