Muras acolle este sábado unha representación teatral sobre mulleres

TerraChaXa
Este sábado 22 de agosto ás 19:00, a praza de Vilalba de Muras, concretamente no lugar do vello lavadoiro, hoxe restaurado, haberá unha representación teatral.
Captura de pantalla 2020 08 20 a las 11.57.14
20 Ago 2020

Este sábado 22 de agosto ás 19:00, a praza de Vilalba de Muras, concretamente no lugar do vello lavadoiro, hoxe restaurado, haberá unha representación teatral.

Alí estarán Rilo & Penadique, unha compañía de recente creación que une os talentos de Vero Rilo e Sonsoles Penadique. Fusionan o mundo da palabra e a música dando lugar a fermoso espectáculos de narración oral para familias moi entretidos.

Neste caso o lavadoiro será o eixo de historias protagonizadas por mulleres e fiadas por pequenas correntes de emocións, cunha incrible capacidade de narrar e sutileza musical. A obra leva por título O pozo das señoras.

0.13895702362061