Muras acolle o día 3 de agosto a tradicional Ruta Cabalar

TerraChaXa
O prazo para anotarse remata o 31 de xullo
ruta-cabalar-muras
Cartel
8 Xul 2024

O Concello de Muras acollerá o 3 de agosto unha nova edición da ruta cabalar que organiza a Asociación Atila en colaboración co Concello. Nesta ruta poderán participar a cabalo ou a pé, para o que é necesario apuntarse no teléfono 667 609 990. O prazo para anotarse remata o 31 de xullo e o prezo da comida é de 28 euros por persoa.

A ruta terá a súa saída ás 10.00 horas e contará con pinchos a media mañá. A clausura será nun xantar servido polo bar Rochela de Vilalba, que ofrecerá un menú a base de empanada, polbo, churrasco, sobremesa, café e licor.

Pola tarde haberá actuación musical e xogos para todos os públicos, ademais de agasallos para os participantes.

0.17908596992493