Muras acolle o día 3 de agosto a tradicional Ruta Cabalar

TerraChaXa
O Concello de Muras acollerá o 3 de agosto unha nova edición da ruta cabalar que organiza a Asociación Atila en colaboración co Concello.
Captura de pantalla 2019 07 23 a las 12.49.56
30 Xul 2019

O Concello de Muras acollerá o 3 de agosto unha nova edición da ruta cabalar que organiza a Asociación Atila en colaboración co Concello. Nesta ruta poderán participar a cabalo ou a pé, para o que é necesario apuntarse no concello de 8:00 a 14:30 ou no teléfono 982500001. O prazo para anotarse remata o 31 de xullo e o prezo da comida é de 21 euros por persoa.

A ruta terá a súa saída ás 10.00 horas e contará con pinchos a media mañá. A clausura será nun xantar servido polo bar Rochela de Vilalba, que ofrecerá un menú a base de empanada, polbo, churrasco, postre, café e chupito.

Pola tarde haberá actuación musical, a cargo do Dúo Horizonte, e xogos para todos os públicos, ademais de agasallos para os participantes.

Captura de pantalla 2019 07 17 a las 11.23.19
0.18746900558472