Muras acolle o martes un taller de cociña de entroido
TerraChaXa
Muras acolle o martes un taller de cociña de entroido. Terá dúas sesións, pola mañá para adultos e pola tarde para nenos.
27 Feb 2022
Aproveitando o tempo de Entroido, o Concello de Muras celebrará un taller de cociña propio destas datas que terá lugar no Local Social.
A cita está prevista para o día 1 de marzo, con dúas sesións diferentes, entre as 11.00 e as 13.00 horas será a vez dos maiores con obradoiros, mostra de xantares e degustación.
Ademais, pola tarde, entre as 17.00 e as 19.00 horas será a vez dos pequenos cun obradoiro especial para eles con lambonadas de Entroido.
As prazas para este obradoiro son limitadas polo que haberá que inscribirse previamente no 982 250 001.