Muras acolle o venres un obradoiro para maiores sobre o uso da tecnoloxía
TerraChaXa
A Casa do Médico de Muras acollerá este venres, 2 de febreiro, un obradoiro de envellecemento activo que tratará sobre o uso da banca dixital e as apps dos servizos de saúde.
1 Feb 2024
A Casa do Médico de Muras acollerá este venres, 2 de febreiro, un obradoiro de envellecemento activo que tratará sobre o uso da banca dixital e as apps dos servizos de saúde.
Estes obradoiros, que se celebran en Muras os primeiros venres de cada mes están ao cargo de Afalu e subvencionados polo Concello.
A sesión deste venres terá lugar ás 16.30 horas e leva por título TICS-Palabras Maiores.