Muras acolle unha charla sobre demencias neurodexenerativas

TerraChaXa
Será este martes, na Casa do Médico, ás 17.00 horas
enfermidades-neurodexenerativas
15 Sep 2025

O vindeiro martes 16 de setembro os profesionais de Afalu que están cada venres na Casa do Médico falarán de cousas importantes a observar nos maiores, as significativas, e acudir ao médico para ter unha diagnose o máis cedo posible. Aprenderase a diferenciar o que son as características propias do envellecemento, o que é normal co paso dos anos, dos signos e síntomas do inicio dunha demencia. A charla será ás 17.00 horas na Casa do Médico.

Entre eles están, por exemplo, unha perda de memoria que interrompe a vida diaria, esquecer información que vén de ser aprendida, datas ou eventos importantes. Algunhas persoas vivindo con cambios da memoria por Alzheimer ou outra demencia experimentan tamén cambios na habilidade de desenvolver e seguir un plan, ou traballar con números.

Poden ter dificultade en seguir unha receita coñecida ou manexar as contas mensuais; mentres que unha mudanza relacionada sinxelamente coa idade é cometer erros ocasionais ao manexar as contas da casa. E outro exemplo é que persoas con Alzheimer poden ter dificultade para seguir ou participar nunha conversa. Poden deixar de falar no medio sen idea de como seguir, ou repetirse e batallar co vocabulario. Pero ter dificultade, ás veces, en atopar a palabra exacta ao falar é algo que pode pasar cos anos.

⚙ Configurar cookies
0.14781808853149