Muras acolle unha exhibición de taekwondo o sábado

TerraChaXa
20 Xuño 2019

Este sábado, a Escola de Tae Kwon- Do Moo Duk Kwan (Vilalba) organiza -coa colaboración do Concello de Muras- unha competición cun formato lúdico, no que todos os deportistas recibirán unha medalla pola súa participación.

Esta celebración, cun marcado carácter social, terá lugar na área recreativa da Veiga con obradoiros de combate organizados por idades e nivel. Os participantes deberán levar as súas proteccións persoais: peto e casco.

Tamén hai programados obradoiros de exhibición de rompementos e de defensa persoal onde poderán interactuar pais con fillos, malia que está aberto a todo o mundo.

A competición será individual sen facer distinción de sexos e os deportistas serán agrupados segundo nas diferentes categorías por idades, entre prebenxamín (nados a partir do 2013 e ata seis anos) ata a de adultos, para maiores de 18 anos.

Os participantes agruparanse en grupos de catro e farán liguiñas de enfrentamento de dúas en dúas, realizando un pumse de libre elección de maneira simultánea. Usarase o formato de bandeiras para puntuar. Preferentemente deberán realizar pumse distintos en cada actuación podéndose facer kichos en caso de non saber máis dun pumse.

0.1396279335022