Muras acolle unha nova edición da Quedada BTT o próximo sábado

TerraChaXa
Terá lugar coincidindo coa Romaxe Artesá da Chaira para un máximo de 50 persoas
quedada-btt-muras
Cartel do evento
19 May 2025

O Club Ciclista Terra Chá continúa coa celebración da Quedada BTT de Muras, que se celebra na súa VII edición e que terá lugar este sábado 24 de maio, coincidindo coa Romaxe Artesá da Chaira.

Trátase dunha proba que constará de 30 quilómetros con mil metros de desnivel positivo.

O percorrido realizarase pola contorna e hai un máximo de 50 prazas para esta actividade. Os interesados en anotarse deben facelo o antes posible. Ten un prezo de 10 euros, que subirá a 23 para aqueles que queiran participar no xantar. O acompañante que desexe sumarse á comida pode facelo por 17 euros.

As inscricións deben facerse na web ccnorte.com. Haberá avituallamento e duchas despois da ruta.

⚙ Configurar cookies
0.16032314300537