Muras acollerá o 6 de agosto unha ruta cabalar

TerraChaXa
O Concello de Muras acollerá o 6 de agosto unha nova edición da ruta cabalar que organiza a Asociación Atila, Amigos do CabaLos de Muras.
ruta cabalar atila muras portad
1 Ago 2022

O Concello de Muras acollerá o 6 de agosto unha nova edición da ruta cabalar que organiza a Asociación Atila, Amigos do Cabalos de Muras, en colaboración co Concello. Nesta ruta poderán participar a cabalo ou a pé, para o que é necesario apuntarse no teléfono 667 609 990. O prazo para anotarse remata o 2 de agosto e o prezo da comida é de 25 euros por persoa.

A ruta terá a súa saída ás 10.00 horas e contará con pinchos a media mañá. A clausura será nun xantar servido polo bar Rochela de Vilalba, que ofrecerá un menú a base de empanada, polbo, churrasco, postre, café e chupito.

Pola tarde haberá actuación musical, a cargo do Compass, e probas de xincana con agasallos para os participantes.

0.16993808746338