Muras acollerá o curso de verán da USC sobre Estratexias contra o abandono no medio rural
Muras acollerá o curso de verán da USC sobre Estratexias contra o abandono no medio rural que se celebrará entre o 17 e o 20 de xullo de 2018.
Este curso de verán forma parte da liña de actividades que levan realizando desde ProEPla (grupo de investigación 1716 proyectos y planificación da USC www.proepla.com) en colaboración con diferentes entidades na búsqueda de solucións para un dos problemas máis graves que afectan a Galicia como é a falta de iniciativas e o abandono do medio rural. Conta coa colaboración do concello de Muras, do campus Terra da US C e da Deputación de Lugo.
O prazo de matrícula pecharase o 6 de xullo e está dirixido a todas aquelas persoas con interese no medio rural.
Máis información e matrícula do curso pinchando aquí.