Muras acollerá o inicio do 3º Rallye Recalvi Mariña Lucense
A organización do 3º Rallye Recalvi Mariña Lucense comunicou que a celebración desta proba deportiva será o 10, 11 e 12 de setembro de 2021.
A súa base estará no Concello de Viveiro e transcorrera tamen polos concellos de Muras, Ourol, O Vicedo, Xove e Cervo.
A carreira arrancará o venres coas primeiras pasadas dos dous primeiros treitos, en Muras e entre o Viveiró (Muras) e Xerdiz (Ourol). A competición retomarase o sábado pola maña, coa segunda pasada dos dous primeiros treitos, e continuará ao longo da xornada cos treitos do Vicedo, a triple pasada, Cervo (saída diante da fábrica de Sargadelos) e Xove (saída a carón da Praza do Concello), a dobre pasada.
En total, os pilotos percorrerán 124 quilómetros cronometrados polas estradas da comarca e o parque de control estará situado en Lavandeiras, en Celeiro, e o de reagrupamento en Covas.
Os afeccionados que queiran acceder aos tramos cronometrados para seguir a carreira terán que rexistrarse previamente na web do rally (rallyemarina.wordpress.com), unha medida adoptada para facilitar un control efectivo do evento por parte da organización e das autoridades sanitarias fronte a Covid 19.
O presidente da Escudería MixRallyeSports e director de carreira, Ignacio Davila, confirmou a inscrición de 69 participantes, entre os que destacan nomes como o Víctor Senra e Jorge Pérez - actuais primeiro e segundo clasificados no Campionato de Galiza de Rally -, ou Iago Caamaño e Alberto Meira, que tamén optan ao podio galego. Na grella de saída, estarán tamén sete pilotos da Mariña.
O Rally da Mariña é a cuarta proba do Campionato Galego de Rally, o segundo en disputarse en Lugo tras a Subida a Chantada. O vindeiro será o Rally San Froilán.