Muras acollerá unha nova sesión do congreso de fotografía
O Congreso de fotografía de longa exposición de Ares (LEA VI), que veu organizando a Asociación Fotógrafa Ferrolterra regresa este 2023 a Muras.
O colectivo pon en marcha este ano a sexta edición dun congreso no que participarán expertos en fotografía como Daniel Viñe, Alfredo Madrigal, Inma Carrión, Paulino Gasalla, Olivier Fay e David Araújo.
O congreso, que se desenvolverá do 13 ao 15 de xullo no Mosteiro de Santa Catalina en Ares, levará a cabo a primeira xornada en Muras, unha das zonas starlight na que a asociación desenvolve moitas das actividades de astrofotografía.
Daniel Viñe e Alfredo Madrigal protagonizán unha master class de Fotografía ademais dunha exposición de astrofotografía que se poderá visitar na casa do médico. A sesión, que se desenvolverá durante a noite, leva incluída unha acampada libre e gratuíta no cámping de caravanas.
Os días 14 e 15 será o mosteiro aresano situado en Montefaro o lugar no que tamén estarán os relatores que achegarán aos asistentes ás técnicas de astrofotografía, Lightpainting e Darklight.