Muras acolleu a III Mini BTT organizada polo Club Ciclista Viveiro

TerraChaXa
Na proposta, que comezou ás 10.00 horas, tomaron cita a categoría benxamín, promesas, principiantes, alevíns e infantís
III-Mini-BTT-Muras
13 Ago 2024

Muras acolleu o domingo 11 de agosto a III Mini BTT. Trátase dunha cita que estivo organizada polo Club Ciclista Viveiro e que contou coa colaboración do Concello de Muras e da Federación Galega de Ciclismo. Dende o Concello tamén queren agradecer a todas as persoas que cederon as fincas para poder facer os circuitos.

Na proposta, que comezou ás 10.00 horas, tomaron cita a categoría benxamín, promesas, principiantes, alevíns e infantís. Dende o Goberno local din estar “moi contentos” co desenvolvemento deste evento porque “é un elemento dinamizador”. Ademais, destacan que “o deporte leva vencellados valores moi positivos, polo que agradecemos ao Club Ciclista Viveiro que elixa o noso concello para celebrar aquí esta proba e a súa implicación con nós”.

0.20042514801025