Muras aproba por unanimidade un orzamento de 1,9 millóns

TerraChaXa
O Concello de Muras chegou a un acordo por unanimidade no último Pleno, celebrado o luns 4 de febreiro.
8 Feb 2019

O Concello de Muras chegou a un acordo por unanimidade no último Pleno, celebrado o luns 4 de febreiro. Todos os concelleiros con representación municipal , do BNG, PSOE e PP, votaron a favor destes orzamentos, que ascenden a algo máis de 1,9 millóns de euros.

O orzamento é superior ao do ano pasado pero mantén as mismas liñas de acción que no último con esfozo importante na atención aos maiores, ao contar Muras cunha poboación envelllecida. De feito, do 1.927.711 euros totais de orzamento, 300.500 están destinados a servizos sociais.

Neste capítulo o orzamento complétase coa partida destinada ao pago do recibo da luz, para os que hai consignados 65.000 euros; a de natalidade, con outros 2.000, e as dos estudantes, que suman outros 15.000 euros. Este ano, ademais, o capítulo de servizo sociais reserva 34.000 euros para a xestión do Punto de Atención á Infancia, un servizo que vén de abrir as súas portas e que conta xa con catro nenos en nómina.

Por outra banda, a maior partida, concretamente o 25% fórmano o capítulo de gastos de persoal, o que supón 497.699 euros. Nesta cantidade inclúense tamén os trienios dos traballadores da brigada municipal que ata o de agora non os estaban cobrando polo que terán carácter retroactivo. Neste capítulo se inclúen subas salariais.

No capítulo de investimentos, unha das cuantías principais, 110.000 euros, destinaranse á rehabilitación da área recreativa da Veiga e á mellora da piscina pública.

No Pleno, que foi convocado de forma extraordinaria, tamén se aprobaron por unanimidade dez facturas do ano pasado cun recoñecemento extraxudicial de crédito de 14.500 euros. Incluían pagos de luz, facturas da Feira do Mel ou a reparación dun vehículo.

POLÍGONO DA CABANA. O Concello de Muras ten previsto poñer en marcha o novo polígono industrial no lugar da Cabana, unha zona próxima á estrada LU-540, que une a localidade de Viveiro coa de Xermade. O obxectivo deste polígono é dar resposta ás demandas dos empresarios que mostraron o seu interese en ampliar as infraestruturas.

Segundo indica o alcalde “estase a negociar a compra dos terreos cos propietarios, e vaise asinar brevemente algún convenio con unha empresa con previsión de 5 anos. De momento estamos no desenvolvemento do plan parcial”.

A zona na que está situado dita área empresarial xa foi obxecto dun levantamento topográfico. Primeiro adecuáronse 38.085 metros cadrados e, a continuaciór, outros 40.569 e 44.447 metros cadrados máis. O obxectivo foi crear un total de sete parcelas para os 123.101 metros cadrados que ten.

De feito, os orzamentos deste ano reservan un total de 20.000 euros para investir na posta en marcha do polígono, no que actualmente están cos procesos de acutorizadción e permidos sectoriais.

0.18172407150269