Muras aproba un orzamento de 1,7 millóns de euros para o 2023

TerraChaXa
O Concello de Muras aprobou nun pleno extraordinario o orzamento para o ano 2023, que ascende á cantidade de 1.798.600 euros
pleno muras
20 Abr 2023

O Concello de Muras aprobou nun pleno extraordinario celebrado este martes, día 18 de abril, o orzamento para o ano 2023, que ascende á cantidade de 1.798.600 euros.

O eixo principal neste orzamento para o ano en curso son os 90.000 euros para a axuda do pago da factura da Luz, que xa rematou o prazo de solicitude para o exercicio anterior; os 12.000 euros para axudas a estudantes, 8.800 euros de axuda para a anpa do colexio e 8.800 euros para axudas a asociacións de ámbito municipal.

No capítulo de investimentos propios previstos para o ano 2023 atópase a rehabilitación do CEIP Antía Cal, un investimento que se realiza pola negativa da Xunta a facerse cargo das obras, e a actuación integral na praza do Viveiró. Con estas obras no Viveiró vaise recuperar o campo da feira orixinal, que ten unha superficie que supera os 3.670 m2, reordenando os usos e humanizando a contorna. Ademais, tamén se van acondicionar as estradas LU-P-3404 e LU-P-6502 que discorren por esta praza.

O orzamento aprobouse cos votos a favor do equipo de Goberno e en contra do Partido Popular.

O Concello de Muras non conta con débedas nen créditos pendentes polo que ten un aforro neto nas súas contas.

0.19480109214783