Muras estuda alternativas económicas na produción de setas

TerraChaXa
Segundo explicou o concelleiro socialista de Muras, Mario Rouco, o concello está a traballar na procura de ofrecer unha nova alternativa económica na zona coa produción seteira.
12 Nov 2019

Segundo explicou o concelleiro socialista de Muras, Mario Rouco, o concello está a traballar na procura de ofrecer unha nova alternativa económica na zona coa produción seteira.

O Concello de Muras, dada a súa orografía, clima e situación conta cunhas condicións idóneas para a produción seteira, que se produce libremente nos montes e fragas da contorna pero que podería explotarse nun futuro inmediato.

Para falar destas posibilidades, este mes celebrouse na localidade unha xornada informativa que comezou cunha saída para a recollida e identificación das setas da contorna e a súa clasificación na que participaron 20 persoas que aprenderon a distinguir as setas comestibles das venenosas e das que non teñen valor culinario. Esta primeira sesión estivo a cargo do especialsita José Antonio Cuba.

Xa pola tarde, desenvolveronse varios obradoiros de cociña, conservación e envasado de setas de cara a unha previsible comercialización das mesmas. De feito, os asistentes puideron coñecer de primeira man todas as fases necesarias para a súa produción, xa que tamén recibiron información sobre normativas, etiquetado, etc.

DOMINGO 01 2 1429x2000
0.11836218833923