Muras celebra as súas patronais esta fin de semana

TerraChaXa
Comezará o venres cunha chourizada de balde antes da verbena
festas-de-vilalba-verbena-concerto-orquestra
Cartel
25 Xuño 2024

Muras celebrará esta fin de semana as súas festas patronais, na honra a San Pedro e a Virxe da Caridade do Cobre, que darán comezo o venres 28 e que se alongarán ata o domingo 30 de xullo.

As celebracións iniciaranse cunha gran chourizada e liscada de balde para a veciñanza a partir das 21.00 horas, á que seguirá unha verbena, a partir das 22.30 horas, con Alba e Máster.

O sábado, día grande haberá misa solemne pola mañá, a partir das 13.00 horas, seguida da tradicional procesión. A sesión vermú estará ao cargo do grupo Alba.

A programación completarase á noite coa gran verbena, na que estará de novo Marbella xunto a Olympus.

O domingo 30 a misa abrirá de novo a programación, seguida da procesión, na que participará o grupo de gaitas Axóuxere. Non faltará tampouco a sesión vermú, que estará ao cargo de Fénix e que terá unha duración maior para poñer o punto e final aos festexos.

As festas están organizadas polo Concello de Muras.

festas-muras
0.19697880744934