Muras celebra este sábado a IX Romaxe Artesá da Chaira cunha ampla programación

TerraChaXa
Milladoiro e Lina e Lola porán o broche musical a unha xornada pensada para público de todas as idades
presentacion-muras-romaxe-artesa2
23 May 2025

A área recreativa da Veiga acollerá este sábado 24 de maio a IX edición da Romaxe Artesá da Chaira, unha cita consolidada que promove o Concello de Muras coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A carpa da feira contará con 24 postos de artesanía —ocupando todo o espazo dispoñible— e abrirá ás 11.00 horas. Durante a xornada haberá múltiples actividades vencelladas aos oficios tradicionais, como unha demostración de tallado de escultura a cargo de Borja Insua, un obradoiro de iniciación ao gravado en madeira para persoas adultas e outro de elaboración de galletas, a cargo de Torta de Sarria, dirixido á cativada.

As Mulleres Rurais de Muras tamén exhibirán as pezas elaboradas nos seus obradoiros de madeira, nos que participaron arredor de vinte persoas ao longo do ano. Ademais, a área recreativa acollerá unha exposición fotográfica sobre os seus traballos, realizada por Mayder Pumariño.

A música será un dos pratos fortes da Romaxe, con actuacións infantís de Peter Punk e Brais das Hortas (13.00 h), Pakolas (17.00 h), xogos tradicionais con Xotramu (11.00 e 16.00 h) e a ambientación previa ao xantar coa Mekánika Rolling Band (14.00 h). O alumnado do IES Basanta Silva ofrecerá unha exhibición de regueifas ás 12.00 h. O broche final da xornada porano o grupo emerxente Lina e Lola (20.00 h) e a mítica formación Milladoiro (21.15 h).

programacion-romaxe-artesa-muras
⚙ Configurar cookies
0.098278045654297