Muras celebra este sábado a tradicional Ruta Cabalar

TerraChaXa
Pola tarde haberá actuación musical e xogos para todos os públicos
ruta-cabalar-muras
Cartel
1 Ago 2024

O Concello de Muras acollerá este sábdo, 3 de agosto, unha nova edición da ruta cabalar que organiza a Asociación Atila en colaboración co Concello. Nesta ruta poderán participar a cabalo ou a pé, para o que é necesario apuntarse no teléfono 667 609 990.

A ruta terá a súa saída ás 10.00 horas e contará con pinchos a media mañá. A clausura será nun xantar servido polo bar Rochela de Vilalba, que ofrecerá un menú a base de empanada, polbo, churrasco, sobremesa, café e licor.

Pola tarde haberá actuación musical e xogos para todos os públicos, ademais de agasallos para os participantes.

0.087339162826538