Muras celebra o sábado 2 a tradicional Ruta Cabalar

O Concello de Muras acollerá este sábado, 2 de agosto, unha nova edición da ruta cabalar que organiza a Asociación Atila en colaboración co Concello. Nesta ruta poderán participar a cabalo ou a pé, para o que é necesario apuntarse antes do 31 de xullo no teléfono 667 609 990.
A ruta terá a súa saída ás 10.00 horas e contará con pinchos a media mañá. A clausura será nun xantar servido polo bar Rochela de Vilalba, que ofrecerá un menú a base de empanada, polbo, churrasco, sobremesa, café e licor cun prezo de 24 euros por persoa.
Pola tarde haberá probas de xincana, actuación musical e xogos para todos os públicos, ademais de agasallos para os participantes.