Muras celebra un obradoiro gratuíto de relaxación e xestión do estrés

TerraChaXa
A actividade está impulsada polo Concello en colaboración con Afalu Alzheimer e coa Consellería de Política Social
estres
20 Nov 2025

O Concello de Muras organiza este mes de novembro un obradoiro de relaxación e xestión do estrés dirixido á veciñanza, co obxectivo de ofrecer pautas prácticas para mellorar o benestar emocional. As sesións, de media hora de duración, terán lugar na Casa do Médico os venres 21 e 28 de novembro en horario de 16:30 a 17:00.

A actividade está impulsada polo Concello de Muras en colaboración con Afalu Alzheimer e coa Consellería de Política Social. As persoas participantes recibirán indicacións sinxelas e útiles para aprender a controlar a tensión diaria e afrontar mellor situacións de estrés.

A inscrición é gratuíta e para obter máis información pódese chamar ao teléfono 982 500 001.

⚙ Configurar cookies
0.078894138336182