Muras celebra unha festa con ruta cabalar incluída este sábado
Muras acolle este sábado as festas na honra a Santo Domingo das Cuiñas que se abrirá cunha ruta cabalar con saída ás 10.00 horas desde a área recreativa da Veiga.
Esta ruta, organizada pola asociación local Atila, contará con petiscos a media ruta.
Ás 13.00 horas está prevista a misa solemne con procesión, á que seguirá a sesión vermú con Tania e o seu acordeón, xunto antes do xantar popular, a base de callos e churrasco, que se celebrará no campo da festa, que está cuberto con carpa.
Pola tarde continuará a música coa mesma artista con sorteos diversos durante a sesión.
Rematarán a festa cunha pancetada gratuíta a partir das 21.00 horas para todos os asistentes que se completará coa verbena a cargo de Tania e o seu acordeón de novo e do grupo Fénix.