Muras celebra unhas xornadas micolóxicas

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Muras acollerá esta fin de semana unhas xornadas micolóxidas nas que poderán particiar os veciños que o desexen ata un máximo de dez persoas.
friol equipamentos
10 Nov 2020

O Concello de Muras acollerá esta fin de semana unhas xornadas micolóxidas nas que poderán particiar os veciños que o desexen ata un máximo de dez persoas.

Serán dos sesións formativas que darán comezo o sábado, entre as 10.00 e as 13.00 horas cunha charla de iniciación ao mundo da micoloxía, a cargo do micólogo JL Cuba. Será na Escola do Viveiró.

O domingo será o tempo dos obradoiros, que se celebrarán no local social de Muras entre as 10.00 e as 14.00 horas. Este estará a cargo de Antonio Díaz e consistirá nunha análise e coñecemento dos cogomelos comestibles máis comúns en Galicia, os seus métodos de conservación e receitas básicas, así como do mel de Muras.

Os interesados en participar deberán anotarse antes do xoves 12 no teléfono 982 500 001.

0.12178015708923