Muras celebrará a Feira do Mel e impulsará este sector na aldea de Carelle

TerraChaXa
O concelleiro socialista Mario Rouco anunciou que este ano volverá celebrarse a Feira do Mel de Muras que seguirá aumentando a programación.
abellas apicultura
15 Out 2021

O concelleiro socialista Mario Rouco anunciou que este ano volverá celebrarse a Feira do Mel de Muras que seguirá aumentando a súa programación, sempre en función da situación sanitaria de cada momento, para celebrar cursos e xornadas. Así mesmo, tamén impulsarase a micoloxía con distintas formacións durante este outono.

O concelleiro avanzou que investirán na aldea etnográfica de Carelle, "xa que agora ai resolución dos xulgados" para impulsar este sector.

Como explica Mario Rouco, a intención é traballar sobre o mel de Muras "para facelo máis competitivo". Para elo están investigado sobre un mel experimental xunto á Casa do Mel de Goente. O obxectivo é realizar novos cursos e criar raíñas para ser factibles o desenvolvemento na zona. "Queremos mellorar a calidade das explotacións e facelas máis competitivas", recalca Rouco.

0.19195699691772