Muras celebrará a Feira do Poldro o 26 de setembro
TerraChaXa
Muras organizará unha versión diferente da Feira do Poldro que está convocada para o 26 de setembro e que xa é a XXXIII edición.
21 sep 2021
O Concello de Muras organizará unha versión diferente da Feira do Poldro que está convocada para o 26 de setembro e que xa é a XXXIII edición. A que xa está considerada Festa de Interese Turístico Galego terá lugar entre as 10:00 e as 15:00 horas no seu lugar habitual en plena Serra do Xistral.
Os gandeiros interesados en solicitar curros poden facelo ata o día 22 no Concello chamando ao 982 500001.
O Concello presentará este mércores o programa desta cita pero xa adiantou que non haberá probas deportivas, nin demostracións, habituais pola tarde, para evitar aglomeracións non permitidas polas normas e restricións covid-19.
O que si haberá na Gañidoira serán postos de mercado tradicional con artesanía e produtos de uso diario.