Muras celebrará o 23 de maio a décima edición da Romaxe Artesá da Chaira


O Concello de Muras ten previsto celebrar o día 23 de maio a unha nova edición, a décima, da Romaxe Artesá da Chaira, unha festa na que se busca a reivindicación dos oficios tradicionais e sobre todo a dinamización do medio rural como lugar de creación de vida.
A organización xa presentou o cartel mentres está perfilando a programación, na que figuran moitas das actividades que se celebraron en anos anteriores.
As previsións son que haberá exposición de artesanía, xogos tradicionais, demostracións en directo dos diferentes artesáns, charlas e música. Tamén acostuman facerse obradoiros para adultos e para nenos.