Muras celebrará o 24 de maio a nova edición da Romaxe Artesá da Chaira

TerraChaXa
O cartel foi deseñado polos alumnos e alumnas do CEIP Antía Cal da localidade
romaxe-artesa-da-chaira-de-muras
6 Apr 2025

O Concello de Muras ten previsto celebrar o día 24 de maio a unha nova edición, a novena,  da Romaxe Artesá da Chaira, unha festa na que se busca a reivindicación dos oficios tradicionais e sobre todo a dinamización do medio rural como lugar de creación de vida.

A organización xa presentou o cartel, que foi deseñado polos alumnos e alumnas do CEIP Antía Cal da localidade.

O Concello aínda está perfilando a programación, na que figuran moitas das actividades que se celebraron en anos anteriores.

As previsións son que haberá exposición de artesanía, xogos tradicionais, demostracións en directo dos diferentes artesáns, charlas e música. Tamén acostuman facerse obradoiros para adultos e para nenos.

romaxe-artesa-da-chaira-cartel
⚙ Configurar cookies
0.1751229763031