Muras conclúe as obras de rehabilitación e mellora de tres escolas rurais coa de Irixoa

TerraChaXa
Actuaron tamén nas de Silán e Viveiró, investindo 38.000 e 59.000 euros, respectivamente, e fixeron a remodelación nesta cun orzamento de 166.517 euros
escola-de-irixoa
Escola unitaria de Muras
23 Nov 2024

O Concello de Muras finalizou as obras da última das tres escolas rurais que se reformaron dentro do plan de actuación que se levou a cabo cos cartos do Fondo de Compensación Ambiental durante o presente ano e que teñen un orzamento total de 506.083 euros.

Actuouse na escola de Irixoa cun investimento de 166.517 euros. Trátase dunha pequena edificación illada nunha parcela de propiedade municipal. Recentemente instalouse na mesma un punto limpo, utilizando una nave existente, polo que comparte acceso con este. O uso orixinal do edificio era o de escola, empregada nos últimos anos como local social e atopábase sen uso algún, dado o seu mal estado de conservación.

A construción da antiga escola data do ano 1922, ao igual que outras moitas existentes na comarca, pola sociedade benefactora Vivero y su comarca, constituída por emigrantes galegos en Cuba co fin de contribuír á mellora da alfabetización na súa terra natal.

De cara a recuperar a habitabilidade do edificio e a mellora da súa eficiencia enerxética, fíxose a renovación completa da envolvente exterior do edificio, mediante a instalación de carpinterías metálicas dotadas de rotura de ponte térmico e dobre acristalamento con cámara de aire, e o illamento do conxunto da envolvente polo interior, executando un trasdosado de cartón xeso con illamento de la de roca incorporado no peche de fachada, unha soleira de formigón elevada, ventilada, e illada termicamente no chan, e un falso teito de cartón xeso á altura do existente, incorporando igualmente illamento térmico.

Ademais, finalizouse nas últimas datas a do Viveiró, na que realizaron unha reforma cun orzamento de 59.073 euros e na de Silán de 38.258 euros. Nos dous casos trátase de accións de mellora da eficiencia enerxética con renovación de fiestras, cerramentos e pintado.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17761993408203