Muras contará co servizo Coidados porta a porta a próxima semana
O Concello de Muras en colaboración coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia informa que nos días 22, 23 e 24 de maio estará na área recreativa da Veiga de Muras unha unidade móbil dentro da campaña Coidados porta a porta.
Esta campaña destinada a persoas maiores de 55 anos e é totalmente gratuíta. Ofrecerá tres servizos principais. Por unha banda, un servizo de podoloxía. Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.
No servizo de audioloxía faise unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva. E finalmente no servizo de estimulación da memoria, un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.
As persoas interesadas poderán pedir cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.