Muras contará este ano de novo cun campamento para os máis pequenos

TerraChaXa
O Concello de Muras centrará o seu programa de Nadal nunha obra de teatro e nun campamento para os máis pequenos.
nadal iluminacion muras
nadal iluminacion muras
15 Dec 2022

O Concello de Muras contará este Nadal cun campamento de Nadal para a cativada co obxectivo de axudar a conciliar a vida familiar e laboral.

Este campamento terá lugar os días laborais das vacacións escolares, entre o 23 de decembro e o 5 de xaneiro.

Este campamento terá lugar todas las mañá entre as 10.00 e as 14.00 horas na Casa do Médico con actividades para todos.

Este campamento será gratuíto e contará con dúas monitoras para acompañar aos pequenos.

As persoas interesadas poden inscribirse no Concello.

Previamente, o día 18 haberá unha obra de teatro co título Poeta en Nova York, de Teatro Baixo da Area, con dirección e dramaturxia de Paloma Lugilde. A directora forma parte do elenco, no que tamén están Dani Lago e Raquel Velasco.

A sesión será ás 18.00 horas tamén na Casa do Médico.

obra teatro muras poeta en nova york
0.1385509967804