Muras contrata unha educadora social e familiar ata setembro
TerraChaXa
Dende este mes de febreiro ata setembro, no Concello de Muras contará co reforzo dunha educadora social e familiar.
14 Feb 2021
Dende este mes de febreiro ata setembro, no Concello de Muras contará co reforzo dunha educadora social e familiar para apoiar o traballo que está a desenvolver actualmente a traballadora social.
Esta nova traballadora ocuparase da orientación formativa e laboral, mediación familiar e social así como da información e orientación sobre recursos sociais (cursos gratuítos, actividades de ocio e eventos culturais).
O Concello de Muras abriu o prazo para que as persoas que o desexen presenten as súas demandas.