Muras destina o 50 por cento dos seus orzamentos a servizos sociais

TerraChaXa
O Concello de Muras aprobou no último pleno do ano os orzamentos que rexirán o Goberno local os próximos doce mes.
14 Jan 2020

O Concello de Muras aprobou no último pleno do ano os orzamentos que rexirán o Goberno local os próximos doce mes. Os orzamentos aprobados ascenden a 1.854.000 euros, na mesma liña en anos anteriores.

O eixe principal dos orzamentos serán os servizos sociais, que se levan o 50% dos gastos reservados.

Así mesmo, manteranse as axudas da luz, que abrirán un novo prazo de solicitude, previsimente no mes de febreiro, como en anos anteriores.

No mesmo capítulo, o alcalde, Manuel Requeijo, anunciou se seguirán tamén un ano máis as becas para escolares, que ascenderán a 18.000 euros e os 6.500 do convenio coa anpa do colexio local.

Novamente, apoiarán as festas das parroquias con 300 euros para cada unha delas reservando 82.000 euros do orzamento para os grandes eventos, como a Festa do Poldro, a do Mel, a Romaxe Artesá e o Trail das Bestas, que este ano cambia de data e será en xullo.

Requeijo aclarou que un ano máis non haberá grandes investimentos en obras, xa que para iso contan co Fondo de Compensación e o Plan Único, de onde proceden os cartos para as grandes obras.

Outro capítulo que ocupa unha parte do orzamento é o de persoa, ao que se destina o 25% do mesmo.

 

0.10396289825439