Muras estrea o apiario de Carelle cun curso de iniciación á apicultura

TerraChaXa
O Concello de Muras realizará dende esta fin de semana un curso de iniciación á apicultura teórico-práctico en Carelle.
curso iniciacion apicultura muras portada
30 Xuño 2022

O Concello de Muras continúa coa súa promoción da apicultura na vila e para estrear o seu novo apiario, situado en Carelle, realizará dende esta fin de semana un curso de iniciación á apicultura teórico-práctico.

A actividade está prevista para as fins de semaan do 2-3 e 9-10 de xullo en horario de mañá, de 09.00 a 14.00 horas. O curso estará ao cargo da Casa do Mel de Goente e combinará a formación teórica e a práctica no novo apiario.

Os interesados en participar xa se poden inscribir chamando á entidade ao número de teléfono 661 003 616 ou escribir a casadomel@vodafone.es.

O obxectivo principal deste curso é facilitar a entrada neste sector de apicultores adecuadamente formados e fomentar a competitividade e a eficiencia das explotacións. 

O programa formativo, que consta de 20 horas, abordará primeiramente a bioloxía do enxame en relación ao apicultor e á colmea, tratando a maquinaria para a elaboración dos diversos produtos e os tipos de colmeas, entre outras cuestións. Tamén se falará da instalación do apiario e do manexo das colmeas e multiplicación de núcleos, a saúde das abellas e os obxectivos produtivos nunha explotación apícola.

O curso está dirixido a persoas vinculadas coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

curso iniciacion apicultura muras
0.19760704040527