Muras foi capital do poldro a fin de semana

TerraChaXa
Un ano máis, pero nesta ocasión con momentos de choiva e o rastro dunha treboada, Muras celebrou unha exitosa Feria do Poldro, a primeira que conta coa distinción de Festa de Interese Turístico de Galicia.
Feira Poldro_1
24 sep 2019

Un ano máis, pero nesta ocasión con momentos de choiva e o rastro dunha treboada, Muras celebrou unha exitosa Feria do Poldro, a primeira que conta coa distinción de Festa de Interese Turístico de Galicia.

Un total de 450 animais baixaron aos 25 curros que se puxeron neste espléndido paraxe do monte da Gañidoira. Tamén miles de visitantes de achegaron a este recuncho para participar de todas as actividades organizadas polo Concello para seguir dando pulo a esta festa, que clausurou xa a súa 32 edición.

Nos concursos de gando, a gandería Valencia, que participou con 62 exemplares foi recoñecida como a máis numerosa e tamén gañou o premio á mellor cría de vacún. Celia Rei presentou o mellor semental; Alejo Doval, a mellor vaca reprodutora, e José María Chao, o mellor lote. Os mellores semental, egua e poldro foron respectivamente Moro, Noite e Fiona, da gandería muresa O Porto, que tamén se fixo co premio ao mellor lote.

Así mesmo, recoñeceuse o labora das asociacións de calbaliros que levan anos sendo fieis a esta cita. Todos eles recibiron un simbólico cabalo de Sargadelos.

Un dos momentos de máis éxito foi a tarde, que acolleu senllas carreiras de cabalos, a de afeccionados e a de profesionais, que foron seguidas e aplaudidas polos presentes.

E non faltou tampouco unha das citas de máis éxito, a degustación da hamburguesa Gañidoira, elaborada dende hai tres anos polo cociñeiro Antonio Díaz con carne de poldro e porco celta, queixo San Simón, pan de espelta e maionesa de soia. Sérvense unhas 500 racións e sempre quedan en pouco.

 

Feira Poldro_3
Feira Poldro_2
Feira Poldro_4
0.19720506668091