Muras forma a gandeiros e agricultores para realizar trámites dixitais

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de muras inicia este venres unha serie de charlas dixitais informativas sobe Chave365, DNI electrónico, certificado dixital e CL@VE.
premios friol
3 Dec 2020

O Concello de muras inicia este venres unha serie de charlas dixitais informativas sobe Chave365, DNI electrónico, certificado dixital e CL@VE. Serán tódolos venres deste mes de decembro e impartidas polo Gabinete Técnico Agropecuario da Terra Chá.

A inscrición é gratuíta, nas oficinas do Concello de Muras, no teléfono 98250001 ou a través do mail servizosxerais@muras.gal.

A participación está suxeita á dispoñibilidade de prazas -que seguirá a orde rigorosa de solicitude-, e confirmación por parte do Concello. Terán preferencia os empadroados en Muras.

Os grupos estarán formados por tres persoas por día e está dirixido principalmente á formación e orientación para a realización de trámites agrarios e gandeiros coa Xunta de Galicia.

Para poder participar os requisito son ter un DNI electrónico e dispoñer do PIN ou  mesmo ter solicitado a Chave365, trámite que se pode realizar no centro de saúde de Muras.

As sesións, dunha hora de duración, terán lugar no local social da asesoría gandeira.

0.1926441192627