Muras habilitará de novo en novembro un cargadoiro para a venda de poldros

TerraChaXa
Todos os animais deberán estar identificados e contar coa documentación regulamentaria correspondente
cargadoiro-cabalos-muras
12 Oct 2025

Despois do éxito das edicións iniciais, o Concello de Muras, en colaboración coa Asociación de Criadores de Gando Equino ACGEMA, habilitará de novo un cargadoiro no recinto habitual da Feira do Poldro na Gañidoira o vindeiro 22 de novembro, en horario de mañá. Esta iniciativa enmárcase dentro do programa municipal da Marca Muras e permitirá aos veciños interesados vender os seus poldros para recría a esta asociación.

Desde a organización lémbrase que todos os animais deberán estar identificados e contar coa documentación regulamentaria correspondente. Para calquera dúbida ou para evitar problemas de loxística, os interesados poden contactar co teléfono 629 678 033.

Nas primeiras experiencias, que tiveron lugar en marzo e abril, preto de cen poldros foron cargados e enviados a Navarra nunha iniciativa pioneira no termo municipal. Participaron gandeiros non só de Muras, senón tamén doutras zonas como próximas.

⚙ Configurar cookies
0.069200992584229