Muras habilitará un cargadoiro para a venda de poldros o 9 de marzo

O Concello de Muras, en colaboración coa Asociación de Criadores de Gando Equino ACGEMA, habilitará un cargadoiro no recinto habitual da Feira do Poldro na Gañidoira o vindeiro 9 de marzo, en horario de mañá. Esta iniciativa enmárcase dentro do programa municipal da Marca Muras e permitirá aos veciños interesados vender os seus poldros para recría a esta asociación.
Desde a organización lémbrase que todos os animais deberán estar identificados e contar coa documentación regulamentaria correspondente. Para calquera dúbida ou para evitar problemas de loxística, os interesados poden contactar co teléfono 629 678 033.