Muras inaugura a área de servizos de Viveiró
O Concello de Muras inaugurará na fin de semanda do 20 ao 22 de abril a nova área de servizos de autocaravanas, ubicada nos arreodres da antiga escola de Viveiró.
Esta nova dotación contempla un área de servizos con xardín, meredeiro e aseos públicos.
Para celebrar a súa inauguración, haberá unha concentración de caravanas cunha serie de actividades organizada en colaboración coa Asociación Galega de Autocaravanas.
A chegada das autocaravanas está prevista para a tarde do venres 20 de abril e o sábado, a partir das 10.30 se celebrará a inauguración oficial do párking de Viveiró. Ás 12 iniciarán unha visita cultural aos cruceiros de Muras que ten unha duración estimada de dúas horas e media.
O domingo continuarán as actividades cunha visita guiada á Serra do Xistral.